auregaasociacion@gmail.com

Selecciona o teu idioma

Blog de la asociación de altas capacidades en Narón

Como contribuír ao benestar emocional do alumnado con AC?, cos especialistas do Centro de Apoio Educativo Ayalga

Publicado: 26 de setembro de 2025, 19:00
  1. FORMACIÓN DO 18, 19 e 20 SETEMBRO

O venres 19, o profesorado interesado en aprender estratexias do mundo real para implementar na aula con rapazada con altas capacidades asistiu ao obradoiro en liña "Como contribuír ao benestar emocional do alumnado con AC?".
Félix Ruiz Mahamud e José Luis Pérez Díaz, especialistas de altas capacidades do Centro de Apoio Educativo Ayalga, foron os orientadores encargados de impartir esta formación.
Durante estas dúas horas, destacáronse os diferentes aspectos que inflúen nos nenos con este perfil. Presentan un patrón de desenvolvemento que pode influír na súa autoimaxe e nos sentimentos que xorden, ás veces de aceptación e ás veces de rexeitamento.
Tratáronse os aspectos máis comúns para comprender mellor os conceptos relacionados con este alumnado. Tamén se trataron accións específicas que o profesorado e os equipos de orientación poden poñer en práctica nas súas aulas e que poden contribuír de forma produtiva e positiva ao benestar psicolóxico destes nenos e nenas.

 

Archivos adjuntos

formacion AYALGA original tablet peque.png

Descargar

Noticias relacionadas

Formación para profesorado coas orientadoras especialistas do EOE - Coruña 26 Set

Formación para profesorado coas orientadoras especialistas do EOE - Coruña

A semana pasada realizamos unhas xornadas de formación específicas sobre altas capacidades para profesorado de educación infantil, primaria, secundaria, conservatorio e orientación. As sesións comezaron o xoves 18 no CIFP de Educación Primaria e Secundaria (CIFP) Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol,
MARTA TOURÓN, EN NARÓN 21 Set

MARTA TOURÓN, EN NARÓN

Onte tivemos a gran honra de ter connosco á Doutora en educación e especialista en AACC Marta Tourón en Narón. Impartiu o minicurso: ALTAS CAPACIDADES SEN MITOS: CLAVES PARA COMPRENDER E ACTUAR. Familias, socios da asociación Áurega, profesorado dedicado, orientadores e membros de equipos
SOMOS NOTICIA 6 Maio

SOMOS NOTICIA

06/05/2026 PRENSA
O pasado luns, Ana Rego, a nosa presidenta de Áurega, apareceu na prensa xunto con Pablo Arribas, de Gazapo, falando da realidade dos nosos nenos e nenas. A Coruña ten máis estudantes con AC que a media española.
VISITA GUIADA E SCAPE ROOM NO CIMIX NARÓN 25 Abr

VISITA GUIADA E SCAPE ROOM NO CIMIX NARÓN

25/04/2026 OBRADOIROS
O pasado sábado 11 de abril, máis de 40 cativos e cativas socios, e moitas nais e pais sumáronse á visita organizada ó CIMIX (Centro de Interpretación dos Molinos Industriais de Xuvia) https://cimixnaron.gal/ .A proposta se englobou nos obradoiros de enriquecemento extracurricular. Foi unha xornada