auregaasociacion@gmail.com

Selecciona o teu idioma

Blog de la asociación de altas capacidades en Narón

Días conmemorativos

Días especiais.

EXPO DE TALENTOS, MIRADAS DIVERXENTES. 23 Mar

EXPO DE TALENTOS, MIRADAS DIVERXENTES.

23/03/2026

O pasado sábado, tivo lugar no local de Áurega, a nosa expo de talentos, con “miradas divexentes”. Quixeramos facer mención especial á directora do laboratorio de creación artística LAUDAS CALAMITY, Laura Bouza, que nos acompañou neste evento.  Conmemoramos deste xeito, rodeados de creatividade e orixinalidade en estado puro o Día das altas capacidades, celebrado xa o 14 de Marzo.  Alén de gozar das obras e a merenda, o máis importante foi constatar que os nosos pequenos e pequenas precisan un...

Ler máis

14 Mar

Día Internacional das ALTAS CAPACIDADES

14/03/2026

Hoxe, 14 de marzo, queremos concienciar sobre este Día Internacional das Altas Capacidades. Salientamos que son unha forma diferente de percibir o mundo, de pensar, de facer preguntas, de sentir intensamente, de vivir a outro nivel. Detrás de cada etiqueta hai unha persoa que precisa recoñecemento, apoio e oportunidades para desenvolverse plenamente. É o xusto.   Hoxe alzamos as nosas voces para concienciar, para romper estereotipos e para disipar mitos que durante demasiado tempo eclipsaron a...

Ler máis

10 Mar

SEMANA DAS ALTAS CAPACIDADES NO COUCEIRO FREIJOMIL

10/03/2026

Hoxe queremos dar as grazas máis sinceras ó CEIP COUCEIRO FREIJOMIL , de Pontedeume.   O profesorado do centro estase  a formar este curso no FPPP de atención á diversidade en TDAH e AC, e por este motivo, e co compromiso de conmemorar o Día Internacional das Altas Capacidades, convidaron a Áurega a dar a charla de formación compartida, familia-escolas : “Coñecemos que son e recursos para empregar”.   Tivemos a honra de poder falar das Altas Capacidades, dar a coñecer os servizos que ofrece a ...

Ler máis

8 Mar

TALENT GIRL, no 8 de marzo

08/03/2026

Hoxe, no marco da conmemoración do día da Muller,  acollimos a presentación do programa STEM Talent girl da @fundacionasti. Eva Muñoz, a súa delegada territorial de A Coruña,  explicoulle ás nosas nenas socias, ós representantes de varios centros educativos da comarca e do campus de Ferrol da UDC este proxecto educativo innovador, ideado para impulsar o talento científico e tecnolóxico en nenas e mozas estudantes de ESO, bach, FP e universidade. Ó rematar a charla, cabe salientar que tóoooooooo...

Ler máis

11 Feb

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

11/02/2026

Hoxe, no Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, celebramos moito máis que unha data: celebramos o talento, a curiosidade, a coraxe e a determinación de miles de mulleres que cambiaron o mundo co seu  coñecemento. Dende a nosa asociación de nenos con alta capacidade, sabemos que o talento non coñece xénero, aínda que durante demasiado tempo moitas nenas brillantes medraron no mundo da ciencia á sombra, sen modelos visibles que as inspirasen ou sen o recoñecemento que merecen. Por iso ...

Ler máis