auregaasociacion@gmail.com

Selecciona o teu idioma

Blog de la asociación de altas capacidades en Narón

Día Internacional das ALTAS CAPACIDADES

Publicado: 14 de marzo de 2026, 09:00
  1. Días conmemorativos

Hoxe, 14 de marzo, queremos concienciar sobre este Día Internacional das Altas Capacidades. Salientamos que son unha forma diferente de percibir o mundo, de pensar, de facer preguntas, de sentir intensamente, de vivir a outro nivel. Detrás de cada etiqueta hai unha persoa que precisa recoñecemento, apoio e oportunidades para desenvolverse plenamente. É o xusto.

 

Hoxe alzamos as nosas voces para concienciar, para romper estereotipos e para disipar mitos que durante demasiado tempo eclipsaron as necesidades intelectuais e emocionais dos nosos peques.

 

Necesitamos esixir a resposta educativa que merecen, para que sexa posible construír unha escola onde cada rapaz ou rapaza poida ser quen é, sen ter que enmascararse, sen ocultar a súa forma de pensar, aprender ou sentir. Hoxe tentamos defender que sexan vistos e mirados coa comprensión, empatía e afecto que todos desexamos para o que máis nos importa: os nosos fillos e fillas.

 

Neste día conmemorativo, pedimos que todo o mundo comprenda que falar de xente con alta capacidade non se trata só de persoas con talento; tamén vai de diversidade e futuro. Agardamos que, como sociedade, pronto poidamos ter unha perspectiva máis diversa, que nos permita facer deste mundo un lugar mellor, mentres continuamos a dar pasos xuntos na direción correcta.

Archivos adjuntos

DIA INTENACIONAL DE LAS ALTAS CAPACIDADES ok.png

Descargar

Noticias relacionadas

EXPO DE TALENTOS, MIRADAS DIVERXENTES. 23 Mar

EXPO DE TALENTOS, MIRADAS DIVERXENTES.

O pasado sábado, tivo lugar no local de Áurega, a nosa expo de talentos, con “miradas divexentes”. Quixeramos facer mención especial á directora do laboratorio de creación artística LAUDAS CALAMITY, Laura Bouza, que nos acompañou neste evento.  Conmemoramos deste xeito, rodeados de creatividade e
SEMANA DAS ALTAS CAPACIDADES NO COUCEIRO FREIJOMIL 10 Mar

SEMANA DAS ALTAS CAPACIDADES NO COUCEIRO FREIJOMIL

Hoxe queremos dar as grazas máis sinceras ó CEIP COUCEIRO FREIJOMIL , de Pontedeume.   O profesorado do centro estase  a formar este curso no FPPP de atención á diversidade en TDAH e AC, e por este motivo, e co compromiso de conmemorar o Día Internacional das Altas Capacidades, convidaron a Áurega
TALENT GIRL, no 8 de marzo 8 Mar

TALENT GIRL, no 8 de marzo

Hoxe, no marco da conmemoración do día da Muller,  acollimos a presentación do programa STEM Talent girl da @fundacionasti. Eva Muñoz, a súa delegada territorial de A Coruña,  explicoulle ás nosas nenas socias, ós representantes de varios centros educativos da comarca e do campus de Ferrol da UDC
Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. 11 Feb

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

Hoxe, no Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, celebramos moito máis que unha data: celebramos o talento, a curiosidade, a coraxe e a determinación de miles de mulleres que cambiaron o mundo co seu  coñecemento. Dende a nosa asociación de nenos con alta capacidade, sabemos que o talento