auregaasociacion@gmail.com

Selecciona o teu idioma

Blog de la asociación de altas capacidades en Narón

SEMANA DAS ALTAS CAPACIDADES NO COUCEIRO FREIJOMIL

Publicado: 10 de marzo de 2026, 23:39
  1. Días conmemorativos

Hoxe queremos dar as grazas máis sinceras ó CEIP COUCEIRO FREIJOMIL , de Pontedeume.  

O profesorado do centro estase  a formar este curso no FPPP de atención á diversidade en TDAH e AC, e por este motivo, e co compromiso de conmemorar o Día Internacional das Altas Capacidades, convidaron a Áurega a dar a charla de formación compartida, familia-escolas : “Coñecemos que son e recursos para empregar”.  

Tivemos a honra de poder falar das Altas Capacidades, dar a coñecer os servizos que ofrece a nosa asociación a este alumnado e ás súas familias,  intercambiar  impresións con algunhas das  persoas asistentes, desde a nosa perspectiva; e insistir na importancia de transmitir a estes nenos e nenas que son vistos nas aulas, e que tamén importan. Axudarlles a desenvolver o seu potencial e talento é tarefa de familia e escola, e que exista unha unión contribúe ó seu benestar, para que acaden o seu máximo desenvolvemento como persoas.

Quixeramos agradecer enormemente a multitudinaria asistencia e a impresionante acollida, e incidir no bo facer dos docentes do colexio. Agradecer tamén o fermoso recuncho que teñen montado no centro, expoñendo materiais didácticos e educativos que contribúen a enriquecer as vidas dos rapaces e rapazas con Altas capacidades intelectuais, e son unha fantástica proposta para acompañar moi productivamente ós nosos peques.

De corazón, grazas por contar con nos no voso centro e por tender pontes, achegándonos ás vosas familias.

Archivos adjuntos

14 marzo.JPG

Descargar

Noticias relacionadas

EXPO DE TALENTOS, MIRADAS DIVERXENTES. 23 Mar

EXPO DE TALENTOS, MIRADAS DIVERXENTES.

O pasado sábado, tivo lugar no local de Áurega, a nosa expo de talentos, con “miradas divexentes”. Quixeramos facer mención especial á directora do laboratorio de creación artística LAUDAS CALAMITY, Laura Bouza, que nos acompañou neste evento.  Conmemoramos deste xeito, rodeados de creatividade e
Día Internacional das ALTAS CAPACIDADES 14 Mar

Día Internacional das ALTAS CAPACIDADES

Hoxe, 14 de marzo, queremos concienciar sobre este Día Internacional das Altas Capacidades. Salientamos que son unha forma diferente de percibir o mundo, de pensar, de facer preguntas, de sentir intensamente, de vivir a outro nivel. Detrás de cada etiqueta hai unha persoa que precisa recoñecemento,
TALENT GIRL, no 8 de marzo 8 Mar

TALENT GIRL, no 8 de marzo

Hoxe, no marco da conmemoración do día da Muller,  acollimos a presentación do programa STEM Talent girl da @fundacionasti. Eva Muñoz, a súa delegada territorial de A Coruña,  explicoulle ás nosas nenas socias, ós representantes de varios centros educativos da comarca e do campus de Ferrol da UDC
Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. 11 Feb

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

Hoxe, no Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, celebramos moito máis que unha data: celebramos o talento, a curiosidade, a coraxe e a determinación de miles de mulleres que cambiaron o mundo co seu  coñecemento. Dende a nosa asociación de nenos con alta capacidade, sabemos que o talento