auregaasociacion@gmail.com

Selecciona o teu idioma

Blog de la asociación de altas capacidades en Narón

Descubre os nosos eventos e actividades!

En Áurega, Asociación de Familias de Nenos con Altas Capacidades, compartimos os nosos eventos e actividades para altas capacidades.

25 Abr

VISITA GUIADA E SCAPE ROOM NO CIMIX NARÓN

25/04/2026 OBRADOIROS

O pasado sábado 11 de abril, máis de 40 cativos e cativas socios, e moitas nais e pais sumáronse á visita organizada ó CIMIX (Centro de Interpretación dos Molinos Industriais de Xuvia) https://cimixnaron.gal/ .A proposta se englobou nos obradoiros de enriquecemento extracurricular. Foi unha xornada de aprendizaxe e lecer cunha visita ben completa e diversas actividades (escape room e obradoiro "entre liñas") que gozaron grandes e pequenos.Todo este evento foi posible grazas a adicación de Sara e...

Ler máis

2 Abr

ARTEMISA II

02/04/2026 PRÓXIMOS EVENTOS

Gustaríache ir á Lúa? Xa temos a nosa tarxeta de embarque, polo que o nome de ÁUREGA irá co dos 4 millóns de pasaxeiros a bordo da cápsula Orión, xunto coa histórica tripulación da Artemis II. Unha misión sen precedentes NASA Live - NASA. Anímaste? Que emocionante!

Ler máis

28 Mar

Obradoiro: Receitas para vivir con humor

28/03/2026 OBRADOIROS CON MONTSE NOVO

Esta mesma mañá , estivemos algunhas nais e pais da asociación @aurega.gal , na nosa salsa... E nunca mellor dito!!! Mentres os nosos nenos e nenas estaban aprendendo con @gazapo.gal, os adutos preparamos no obradoiro de Montse Novo @montsenovorouco1 as nosas receitas para convivir con humor neste mundo de familias con alta capacidade. Foi sen dúbida un espazo libre de xuizos, e por riba moi enriquecedor a nivel persoal. Anímaste para o próximo ??

Ler máis

EXPO DE TALENTOS, MIRADAS DIVERXENTES. 23 Mar

EXPO DE TALENTOS, MIRADAS DIVERXENTES.

23/03/2026 Días conmemorativos

O pasado sábado, tivo lugar no local de Áurega, a nosa expo de talentos, con “miradas divexentes”. Quixeramos facer mención especial á directora do laboratorio de creación artística LAUDAS CALAMITY, Laura Bouza, que nos acompañou neste evento.  Conmemoramos deste xeito, rodeados de creatividade e orixinalidade en estado puro o Día das altas capacidades, celebrado xa o 14 de Marzo.  Alén de gozar das obras e a merenda, o máis importante foi constatar que os nosos pequenos e pequenas precisan un...

Ler máis

14 Mar

Día Internacional das ALTAS CAPACIDADES

14/03/2026 Días conmemorativos

Hoxe, 14 de marzo, queremos concienciar sobre este Día Internacional das Altas Capacidades. Salientamos que son unha forma diferente de percibir o mundo, de pensar, de facer preguntas, de sentir intensamente, de vivir a outro nivel. Detrás de cada etiqueta hai unha persoa que precisa recoñecemento, apoio e oportunidades para desenvolverse plenamente. É o xusto.   Hoxe alzamos as nosas voces para concienciar, para romper estereotipos e para disipar mitos que durante demasiado tempo eclipsaron a...

Ler máis

10 Mar

SEMANA DAS ALTAS CAPACIDADES NO COUCEIRO FREIJOMIL

10/03/2026 Días conmemorativos

Hoxe queremos dar as grazas máis sinceras ó CEIP COUCEIRO FREIJOMIL , de Pontedeume.   O profesorado do centro estase  a formar este curso no FPPP de atención á diversidade en TDAH e AC, e por este motivo, e co compromiso de conmemorar o Día Internacional das Altas Capacidades, convidaron a Áurega a dar a charla de formación compartida, familia-escolas : “Coñecemos que son e recursos para empregar”.   Tivemos a honra de poder falar das Altas Capacidades, dar a coñecer os servizos que ofrece a ...

Ler máis