8 Mar TALENT GIRL, no 8 de marzo 08/03/2026 Días conmemorativos Hoxe, no marco da conmemoración do día da Muller, acollimos a presentación do programa STEM Talent girl da @fundacionasti. Eva Muñoz, a súa delegada territorial de A Coruña, explicoulle ás nosas nenas socias, ós representantes de varios centros educativos da comarca e do campus de Ferrol da UDC este proxecto educativo innovador, ideado para impulsar o talento científico e tecnolóxico en nenas e mozas estudantes de ESO, bach, FP e universidade. Ó rematar a charla, cabe salientar que tóoooooooo... Ler máis
25 Feb ARTE COLABORATIVO 25/02/2026 OBRADOIROS En Áurega, entendemos a importancia de fomentar a creatividade nos nosos nenos e nenas de altas capacidades y sen dúbida é fundamental para promover o seu desenvolvemento integral. Non se trata só de potenciar as habilidades artísticas, senón de estimular o pensamento crítico e innovador que lles permita abordar os desafíos da vida desde perspectivas orixinais. Contribuír ao desenvolvemento do seu perfil creativo axúdalles a experimentar sen sentirse xulgados, propoñer solucións non convencion... Ler máis
11 Feb Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. 11/02/2026 Días conmemorativos Hoxe, no Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, celebramos moito máis que unha data: celebramos o talento, a curiosidade, a coraxe e a determinación de miles de mulleres que cambiaron o mundo co seu coñecemento. Dende a nosa asociación de nenos con alta capacidade, sabemos que o talento non coñece xénero, aínda que durante demasiado tempo moitas nenas brillantes medraron no mundo da ciencia á sombra, sen modelos visibles que as inspirasen ou sen o recoñecemento que merecen. Por iso ... Ler máis
8 Feb Talleres de enriquecemento 1 de febreiro 2026 08/02/2026 OBRADOIROS Durante a pasada fin de semana, os nosos asociados de Áurega, metéronse de cheo, nos talleres de enriquecemento curricular, nun xogo de rol do máis emocionante: O Val do tempo. Esta proposta foi ideada e levada a cabo por Gazapo, especialmente para @s nos@s nen@s e adolescentes con Altas Capacidades. A actividade foi adecuada a cada grupo en función do grao de dificultade, velocidade e nivel de esixencia, garantindo equitativamente reto, diversión e aprendizaxe. Sen dúbida, foi unha mañá para ... Ler máis
30 Xan ESTREAMOS A ESCOLA DE FAMILIAS E TALLERES DE PREVENCIÓN DE ASINCRONÍA EMOCIONAL DE 2026 30/01/2026 ESCOLAS DE FAMILIAS O pasado sábado, mentres os nosos nenos e nenas de Áurega vivenciaban e comprendían máis profundamente as emocións, nos talleres de prevención de asincronía emocional (cos especialistas do Centro Ayalga) ... as nais e pais estreamos con Félix a escola de familias do 2026. Ambas actividades desenvolvéronse xa no noso Local da Asociación de Veciños do Alto do Castiñeiro, en Narón. A pesar da choiva, o día foi ben productivo. Ler máis
23 Nov Escola de familias da identificación das emocións. 23/11/2025 ESCOLAS DE FAMILIAS Para comprender ós nosos fillos e fillas con altas capacidades de @aurega.gal, e acompañalos adecuadamente, é imprescincible ter unha formación axeitada. Por iso seguimos aprendendo, no @_ciferrol, un chisco máis da identificación temperá das emocións e do profundo impacto que teñen no desenvolvemento cognitivo e social. Ademáis, grazas a Félix, do @centroayalga, coñecimos unhas técnicas para fomentar a identificación de emocións , e comezando desde a nosa perspectiva de pais e nais, sendo u... Ler máis