auregaasociacion@gmail.com

Selecciona o teu idioma

Blog de la asociación de altas capacidades en Narón

ARTE COLABORATIVO

Publicado: 25 de febreiro de 2026, 23:46
  1. OBRADOIROS

En Áurega, entendemos a importancia de fomentar a creatividade nos nosos nenos e nenas de altas capacidades y sen dúbida é fundamental para promover o seu desenvolvemento integral.

Non se trata só de potenciar as habilidades artísticas, senón de estimular o pensamento crítico e innovador que lles permita abordar os desafíos da vida desde perspectivas orixinais.

Contribuír ao desenvolvemento do seu perfil creativo axúdalles a experimentar sen sentirse xulgados, propoñer solucións non convencionais e afrontar os desafíos con maior flexibilidade. Ademais, benefíciaos ao ampliar a súa perspectiva, manter a súa motivación e preservar o seu entusiasmo polo descubrimento e a alegría da aprendizaxe ao longo da vida.

Traballar en todo isto desde unha perspectiva colaborativa e de confianza é aínda máis enriquecedor, por iso queremos agradecer unha vez máis a Gazapo o gran traballo que fan na nosa asociación, e os obradoiros que organizaron o pasado sábado, que foron un éxito rotundo.

Archivos adjuntos

OBRADOIROS DE ARTE COLABORATIVO.png

Descargar

Noticias relacionadas

VISITA GUIADA E SCAPE ROOM NO CIMIX NARÓN 25 Abr

VISITA GUIADA E SCAPE ROOM NO CIMIX NARÓN

25/04/2026 OBRADOIROS
O pasado sábado 11 de abril, máis de 40 cativos e cativas socios, e moitas nais e pais sumáronse á visita organizada ó CIMIX (Centro de Interpretación dos Molinos Industriais de Xuvia) https://cimixnaron.gal/ .A proposta se englobou nos obradoiros de enriquecemento extracurricular. Foi unha xornada
Talleres de enriquecemento 1 de febreiro 2026 8 Feb

Talleres de enriquecemento 1 de febreiro 2026

08/02/2026 OBRADOIROS
Durante a pasada fin de semana, os nosos asociados de Áurega, metéronse de cheo, nos talleres de enriquecemento curricular, nun xogo de rol do máis emocionante: O Val do tempo. Esta proposta foi ideada e levada a cabo por Gazapo, especialmente para @s nos@s nen@s e adolescentes con Altas
Talleres prevención da asincronía emocional Novembro 2025 23 Nov

Talleres prevención da asincronía emocional Novembro 2025

23/11/2025 OBRADOIROS
Na mañá de onte, seguimos a desenvolver no @_ciferrol da man de @centroayalga , os talleres de prevención de asincronía emocional. Desde @aurega.gal defendemos que a prevención é unha grande aliada, por iso insistimos na importancia de que os nosos nenos e nenas poñan especial énfase no coñecemento
TALLERES COMEZO DE CURSO 2025 / 2026 5 Out

TALLERES COMEZO DE CURSO 2025 / 2026

05/10/2025 OBRADOIROS
Onte comezamos os nosos obradoiros de enriquecemento extracurricular do curso 2025 / 2026, para as nosas rapazas e rapaces, tanto novas na actividade, como veteranas . O evento levouse a cabo no campus de Ferrol – Esteiro, da man da Academia Gazapo. Foi todo un éxito!! Salientamos que un dos nosos