Durante a pasada fin de semana, os nosos asociados de Áurega, metéronse de cheo, nos talleres de enriquecemento curricular, nun xogo de rol do máis emocionante: O Val do tempo.
Esta proposta foi ideada e levada a cabo por Gazapo, especialmente para @s nos@s nen@s e adolescentes con Altas Capacidades. A actividade foi adecuada a cada grupo en función do grao de dificultade, velocidade e nivel de esixencia, garantindo equitativamente reto, diversión e aprendizaxe.
Sen dúbida, foi unha mañá para gozar do tempo, desde unha perspectiva distinta e motivadora.