O pasado sábado, tivo lugar no local de Áurega, a nosa expo de talentos, con “miradas divexentes”. Quixeramos facer mención especial á directora do laboratorio de creación artística LAUDAS CALAMITY, Laura Bouza, que nos acompañou neste evento.
Conmemoramos deste xeito, rodeados de creatividade e orixinalidade en estado puro o Día das altas capacidades, celebrado xa o 14 de Marzo.
Alén de gozar das obras e a merenda, o máis importante foi constatar que os nosos pequenos e pequenas precisan un espazo que acolla o seu talento para florecer, e que se divirten e xogan como nenos que son cando están con outros semellantes, con intereses e inquedanzas compartidas.
Dende a asociación Áurega queremos dar as grazas a todos aqueles socios e socias que que vos achegastes a compartir arte e experiencias tan íntimas, e en especial ós rapaces e rapazas que aportaron as súas creacións.
Graciñas a toda a xente que se sumou e deixou a súa pegada, lembrándonos que somos unha tribu!!! Sen vos, non sería posible.
Grazas de corazón pola gran acollida.