auregaasociacion@gmail.com

Selecciona o teu idioma

Blog de la asociación de altas capacidades en Narón

INTRES ÁUREGA

Publicado: 03 de xullo de 2025, 09:00
  1. EVENTOS CAMPUS INDUSTRIAL DE FERROL _ ESTEIRO
INTRES ÁUREGA

O pasado sábado, os membros de Áurega vivimos intres verdadeiramente emotivos.

Rendemos unha pequena homenaxe á gran Begoña Ramos, (ex)presidenta, que deixou o seu cargo hai uns meses. Nunca poderemos expresar dabondo o noso agradecemento pola súa implicación, cariño e dedicación, que adicou á asociación dun xeito totalmente desinteresado. Grazas por ser luz!

Tamén nos acompañaron no peche do curso escolar 2024/2025 a concelleira de educación do concello de Narón, Olga Ameneiro López, e a vicerreitora do Campus Industrial de Ferrol, Ana Isabel Ares Pernas. Queremos agradecerlles a súa presenza e apoio!

Para rematar o ano, os nosos pequenos participaron nun obradoiro de impresión de camisetas con @Aloumiño e gozaron dun montón de xogos populares dirixidos por @Gazapo. Adultos e nenos tamén nos divertimos cun marabilloso cóctel nos xardíns do campus para rematar  a xornada cun broche de ouro.

Archivos adjuntos

collage homenaje bego.png

Descargar

Noticias relacionadas

Ruta universal polo Campus Industrial de Ferrol 28 Xuño

Ruta universal polo Campus Industrial de Ferrol

Na mañá de onte, as familias de Áurega gozamos dunha “Ruta Universal polo Campus Industrial de Ferrol”.A rapazada aprendeu investigando con auténticos expert@s na facultade de Enfermaría e Podoloxía, visitou os Laboratorios de Enxeñaría Mecánica, de Mecánica de Fluídos, o de Plásticos e tamén o
SOMOS NOTICIA 6 Maio

SOMOS NOTICIA

06/05/2026 PRENSA
O pasado luns, Ana Rego, a nosa presidenta de Áurega, apareceu na prensa xunto con Pablo Arribas, de Gazapo, falando da realidade dos nosos nenos e nenas. A Coruña ten máis estudantes con AC que a media española.
VISITA GUIADA E SCAPE ROOM NO CIMIX NARÓN 25 Abr

VISITA GUIADA E SCAPE ROOM NO CIMIX NARÓN

25/04/2026 OBRADOIROS
O pasado sábado 11 de abril, máis de 40 cativos e cativas socios, e moitas nais e pais sumáronse á visita organizada ó CIMIX (Centro de Interpretación dos Molinos Industriais de Xuvia) https://cimixnaron.gal/ .A proposta se englobou nos obradoiros de enriquecemento extracurricular. Foi unha xornada
ARTEMISA II 2 Abr

ARTEMISA II

02/04/2026 PRÓXIMOS EVENTOS
Gustaríache ir á Lúa? Xa temos a nosa tarxeta de embarque, polo que o nome de ÁUREGA irá co dos 4 millóns de pasaxeiros a bordo da cápsula Orión, xunto coa histórica tripulación da Artemis II. Unha misión sen precedentes NASA Live - NASA. Anímaste? Que emocionante!